O xoves 4 de xullo o Museo Marea de Porto do Son acolle a inauguración de «O océano que nos une», a exposición itinerante da Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA). Este evento celebrarase a partir das 20:00 horas e todos os asistentes poderán coñecer máis sobre esta rede de museos e o proxecto Morada Atlántica.

Se estás interesado en asistir, podes escribirnos un correo a info@redrema.eu ou chamar ao 636 111 893.